Tamén é patrimonio

Tamén é patrimonio

Non só o casco histórico forma parte do patrimonio eumés. Non só a paisaxe debe ser protexida. En Pontedeume temos ademais algo do que nos sentimos satisfeitos, entendido isto nun dobre sentido: entusiasmados e saciados. Pontedeume pode congratularse de posuír unha riqueza gastronómica que non ten parangón noutras localidades galegas. A gastronomía xa é considerada un patrimonio cultural inmaterial que forma parte inseparábel do ser humano. A mesma Unesco chama á protección do patrimonio inmaterial "como crisol da diversidade cultural e garante do desenvolvemento sostible". Diversos gobernos xa tomaron a iniciativa de protexer este tipo de patrimonio ditando resolucións nese sentido. Francia pedíu á Unesco queo seu patrimonio gastronómico sexa recoñecido como patrimonio cultural inmaterial da humanidade. Menos ambicioso o goberno asturiano exixe declarar a súa gastronomía como patrimonio cultural.

Unha das especialidades gastronómicas de Pontedeume, non a única, é a costrada. Non se coñece en ningunha outra localidade un prato das características da nosa costrada, nin siquera do mesmo nome. Algo único que estes días é motivo de descusión no Fórum Gastronómico que se celebra en Compostela, se ben hai que criticar aos "expertos" relatores que alardean de recuperar a costrada cando nunca estivo "perdida". Os eumeses sabémolo ben. Como sabemos de que se fai tan afamado prato e que en nada coincide cos ingredientes que supoñen os eruditos chefs.

Máis información en La Opinión

Información do Fórum Gastronómico

Recollido do blog http://pontedeume.blogspot.com.es/2010/02/tamen-e-patrimonio.html