Wikipedia: a costrada

Wikipedia: a costrada

A costrada é unha especie de empanada de varias capas, típica de Pontedeume. Conta a tradición que a receita da costrada procede dunha comunidade de monxes de Italia, pertencente quizais á orde de Santo Agostiño, que a trouxo ao refectorio do mosteiro de Caaveiro no século XII. 

Está formada por varias capas de carne (poloraxo e xamón é o habitual), ou peixe e marisco (normalmente rodaballo e vieiras), separadas por unha masa especial. É un produto relativamente caro polos ingredientes que leva e a dificultade e lentitude na preparación.

A costrada, en razón quizais da súa complicación, tipicamente medieval, e onerosidade, quedou reducida no século XX a un vestixio culinario oficiado na cociña familiar e nalgún heroico establecemento. O caso máis coñecido, senón o único, é o de Cristina do Pico, resposteira da vila de Pontedeume, que durante moitos anos continuou elaborando e comercializando moi polo miúdo a costrada, gabándose de conservar con fidelidade a receita orixinal, pois sostén con vehemencia un punto de vista purista sobre a cociña galega tradicional. Preparaba a costrada na cociña da súa casa, case sempre por encarga, especialmente con ocasión das festas patronais, e enviábaa despois a cocer no forno municipal. Tivo a bo acordo de transmitir a fórmula -incluído o segredo da masa- ás súas fillas que a promoven nun establecemento creado por elas.

A continuación danse os ingredientes para facer unha costrada de carne. Se se quere facer doutro tipo, cámbiase a carne por varias clases de peixe ou marisco.

Seguer lendo