A ritmo de tartaruga

A ritmo de tartaruga

No baixo da aba da montaña, alí onde a rocha xa é lama e se mesturou cos aluvións do río, hai trinta ferrados de terra franca e un faiado de lirios [1]. Non vai moitos días, seguramente, que o labrego desta historia comezou coa sementeira. Primeiro no faiado para protexer os brotes dos lirios da intemperie invernal e, cando o sol da primavera teña afouteza suficiente para quecer todo o reino das prantas, deixaraos libres baixo o manto do terreo para que beban dos sales e respiren do sol. 

Chegado o estío, o que foran en inverno pequenas presadas de sementes de lirios se converterán en trinta ferrados de grandes bulbos [2]. Sacaraos da terra segundo a necesidade, sen présas, claro. Deixará que se sacudan eles mesmos, ao vento, as humidades e o po da vestimenta, como quen tropezou algunha vez. E pasaraos a temperar despois no chan do faiado, alí onde todos ben lembramos que as tebras e a calor estaban sempre na súa xusta medida. A paso lento de tartaruga levaraos moi preto río abaixo, nas mañás de estación fértil, ata a vila, e alí algún forno dos de sempre tratará de aproveitalos para o xantar, pois ¿que son as cebolas deste labrego senon bulbos de lirio [3]? 

Por unha cultura alimentaria non estandarizada, sustentábel, saudábel e de proximidade: nas empanadas e costradas de Obradoiro foron este ano dabondo trinta ferrados de cebolas de Ombre, ben preto.

“(…) por el melancólico pasillo, 
en el oscuro desván del lirio, 
en nuestra cama de la luna 
y en la danza que sueña la tortuga. “

Pequeño vals vienés, F.G. Lorca

“Me acuerdo que fui uno de los firmantes del primer manifiesto por la slow food, que nació en Italia hace muchos años. Desde entonces pasaron los años y el mundo se ha macdonalizado mucho, lo cual me parece grave porque fijate qué contradicción la que rige hoy: por un lado, el mundo nunca fue tan injusto en la distribución de los panes y los peces; pero por otro, es muy igualador en las costumbres que impone.”

Eduardo Galeano

[1] Terreos situados en Ombre, fronte á desembocadura do Eume.

[2] O ferrado é unha unidade de medida de capacidade ou caixón para gran. O terreo equivalente en cada zona para acadar dita cantidade de gran adoitouse chamar igual por asociación.   

 [3] As cebolas, de flor branca ou lila que normalmente se curta, son prantas pertencentes á familia das Lilaceae, que toma o nome dos Lirios.